O éxito ou o fracaso dun comercio depende de moitas variables. Pero, ás veces, moitos destes factores están directamente relacionados co sentido común. Se queres que o teu negocio brille como unha estrela, ten en conta estas cinco claves.

1) A formación de propietarios e xerentes permítelles ter recursos para afrontar retos e atopar solucións.

2) A paixón. Porque o entusiasmo do líder contáxiase ao equipo e ao cliente.

3) Estar dispostos a ir onde van os clientes e traballar para que a súa experiencia de compra sexa fácil e agradable.

4) Observar a sociedade para detectar cambios e novas oportunidade.

5) Non perder de vista que, para cumprir todos os puntos anteriores, hai que ter un sistema de xestión impecable. Desta forma aumenta a eficiencia e obtense valiosa información para a toma de decisións.

Visto en: https://www.integra-retail.com/claves-comercio-exito/

Imaxe de tonodiaz en Freepik