O comercio do Ensanche compostelán asociado a Santiago Centro comeza a súa compaña de Nadal poñendo a disposición da clientela todo o potencial e vantaxes do comercio local, atendendo así a todas as súas necesidades para gozar destas festas que xa se aproximan. Os establecementos da zona nova de Santiago ofrecen unha ampla variedade de artigos para cubrir as compras típicas destas datas, dende alimentación a vestimenta e calzado, con tendas de moda para muller, home, xuventude e cativada, así como oferta en material deportivo ou xoguetes, ademais de ópticas, pefumerías, xoierías ou comercio dedicado á tecnoloxía e electrodomésticos.

Como sempre, o comercio de proximidade conta cun valor engadido, a atención personalizada, á vez que a cidadanía colabora coa economía local. Entre outras vantaxes, a clientela conta con bonos de parking gratuíto para que as súas compras sexan máis cómodas. Ademais, durante este ano, Santiago Centro foi máis alá, adaptándose aos novos tempos e involucrándose coas novas tecnoloxías. A aplicación Santiago Centro Vip, que xa conta con centos de usuarios, pretende fidelizar aos compradores e compradoras con diversos premios e acumulando saldo cada vez que mercan nalgún dos establecementos adheridos á app.

Sorteo de 50 bonos de 50€ de saldo na App Santiago Centro Vip

Durante este Nadal, a asociación volve poñer en marcha unha campaña a través da súa app, coa colaboración da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña. Así, todas aquelas persoas que realicen compras usando a app nos comercios que forman parte da aplicación, e por un importe mínimo de 10€, entrarán nun sorteo que repartirá 50 bonos en forma de saldo na propia app por valor de 50 euros. O sorteo levarase a cabo tendo en conta as compras que tiveran lugar entre o 15 de decembro de 2022 e o 5 de xaneiro de 2023.

O dia 9 de xaneiro terá lugar dito sorteo, dándose a coñecer os gañadores tanto na propia app como a través das redes sociais de Santiago Centro. O saldo será canxeable entre o 10 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2023. Cantas máis compras se realicen, segundo os requisitos indicados, máis posibilidades haberá de ser unha das persoas agraciadas con algún dos 50 bonos.

Para as persoas que aínda non conten coa app Santiago Centro Vip, poden descargala en iOS e Android e rexistrarse de forma sinxela cubrindo un formulario. Na propia aplicación pódense consultar os comercios que operan con ela, así como información relacionada con eles e outros descontos que ofrecen á marxe desta campaña de Nadal.

CONSULTA E DESCARGA AQUÍ AS BASES DA CAMPAÑA