Convocatoria de accións de formación gratuítas dirixidas específicamente para o sector do comercio, organizadas polo CCA Compostela Monumental. Os cursos terán unha parte presencial e outra en liña. A inscrición pode formalizarse no teléfono 981 575 919 ou no mail formacion@compostelamonumental.es. Cursos dispoñibles: Creación de tendas online / Comercio electrónico / Xestión de comunidades virtuais / Marketing e xestión de clientes / Trámites online coa administración / Analítica web / Márketing de destinos turísticos en internet / Tecnoloxías para a venda / Venda online / Internet avanzado / Facturaplus / Perfil e funcións do xestor de comunidades virtuais / Creatividade e innovación / Protocolos en hostalería / Cociña internacional / Xestión de bar-cafetería / Manipulación en cru e conservación de alimentos / Creatividade e innovación en hostalería / Xestión económica do restaurante

Por outra banda, a Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) convoca para o mércores 4 de abril unha xornada destinada aos establecementos do sector da alimentación. Baixo o título Claves para o sector: seguridade alimentaria, seguridade laboral e nutrición, expertos na materia impartirán tres conferencias para as que é imprescindible inscribirse a través do mail afpcoruna@cec.es. A xornada levarase a cabo na sede compostelá da CEC (rúa do Vilar, 54).

Despois da apertura da xornada por parte de Luis Rodríguez, presidente da Asociación Provincial de Fabricantes de Pan, e de AFP José Debén, vicepresidente, a asesora da CEC María Botana dará as ‘Claves seguridade laboral no sector’. Seguidamente, será Inés Carreira, da cooperativa Simbiosis, quen falará de ‘Claves da seguridade alimentaria. Alérxenos e etiquetado nutricional’. Por último, a química Deborah García tratará aspectos nutricionais nunha conferencia sobre ‘Heroes e viláns da alimentación’.