Santiago Centro organizou para os días 26 de abril, 3, 10 e 19 de maio de 2021 un ciclo de sesións en liña aberto aos comerciantes no que se explicaron catro utilidades tecnolóxicas de fácil e inmediato desenvolvemento para o sector. As aplicacións informáticas Canva, Facebook Business, Metricool e Instagram Shopping, de doada utilización e gran impacto en imaxe e vendas, foron os temas que centrarán os webinars.