Os comercios do Centro Comercial Aberto do Ensanche distribuiron 25.000 Cartas Santiago Centro, unha tarxeta que permitiu aos composteláns obter premios inmediatos e participar en sorteos de agasallos especiais pola súa compra ou consumición nas tendas de Santiago Centro, no marco da campaña Outono de premios en Santiago Centro, coa que a Fundación pretende o dobre obxectivo de dinamizar as vendas no inicio da tempada outono-inverno e da Volta ao Cole; e mais premiar a fidelidade dos consumidores que confían nos establecementos desta zona de Compostela.

Durante as catro semanas en que permanece activa a campaña déronse 140 agasallos. Para poder optar aos premios inmediatos, os participantes deben reunir os seis selos de diferentes establecementos, tanto comerciais coma hostaleiros.

 

captura