Máis de vinte expositores participaron en 2018 no salón Outlet Santiago Centro, entre os días 17 e 19 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia.

Os establecementos involucrados foron Amancio Deportes, Ana Mancebo Centro de EstéticaAtmósfera Centro DeportivoCalzados PachiCalzados PiepasDana ModaEl Armario de AlmaJael JoyeríaLa Tienda de MaríaLourdes KidsMilinchosMimolettMiss Modas Gráficas Anny Clothing’s T-ShirtsOlivares Shoes&BagsPatucos&Co, Pepe Nieto, Sarto e Tiro Libre. A elas sumáronse os stands de tres organizacións con gran presenza na cidade: Down CompostelaAsanog (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia) e Alfa-1 España (de apoio aos afectados polo Déficit de Alfa-1 Antitripsina). Ás súas actividades foron destinados parte dos beneficios do Outlet.

Santiago Centro preparou unha completa programación de actividades solidarias e para público familiar, ademais de charlas sobre moda e estilo e sesións personalizadas de asesoramento con blogueiras de relevancia como María Rey (Miss Estilos) e a maquilladora e estilista Marta Arnoso.