Santiago Centro publica un directorio clasifica en pequenas fichas de fácil consulta os máis de 60 establecementos asociados a Santiago Centro. Dentro de cada apartado pode accederse a enderezos, contactos e canles de comunicación por internet e redes sociais de cada un dos socios. Alimentación, saúde e beleza, moda, calzado, xoguetes, hostalería, electrónica, deportes, xoiaría… Todos os sectores involucrados no proxecto colectivo do Centro Comercial Aberto do Ensanche están incluídos na Guía Virtual, impulsada por Santiago Centro coa colaboración do Concello de Santiago.

GUÍA VIRTUAL DE SANTIAGO CENTRO