O Real Aeroclub de Santiago segue promocionando o golf entre a cidadanía. A entidade, socia de Santiago Centro, organiza os denominados “bautismos de golf” ou primeiros pasos nesta disciplina. Trátase de sesións de iniciación de hora e media, que se levan a cabo no seu campo en Ames e que permiten coñecer os rudimentos deste deporte.

Os “bautismos de golf” van dirixidos a adultos e son totalmente gratuitos. O próximo celébrase o mércores 26 de abril ás 19.00 horas, e para asistir é preciso inscribirse en recepcion@aerosantiago.es ou no teléfono 981 888 276.