O logo de Calzados Chiqui é case xa unha icona de Alfredo Brañas. O canciño branco preside a rúa desde hai décadas, símbolo do calzado infantil e xuvenil. Xunta o pequeno can, outro elemento permanece na mente dos máis pequenos, convertendo a compra nun divertimento: os asentos xiratorios do interior, no que xogaron –e seguen a xogar- varias xeracións de pequenos composteláns.

Especializados en calzado infantil, Calzados Chiqui destaca pola atención personalizada, o profundo coñecemento das necesidades dos pés dos pequenos, e a variedade de marcas e estilos que ofertan, desde a zapatilla deportiva para realizar calquera tipo de actividade ao aire libre; ata o calzado escolar ou os zapatos ideais para vestir elegantes nunha ceremonia. Entre outras marcas, ofrecen Pabloski, Velilla, Isarus e Superfit.