En outono volve todo e para todos! Non só a cativada volve ao cole, tamén as persoas adultas volven retomar as rutinas e a organizarse para os vindeiros meses despois da época de verán e as vacacións. Para poñerse en marcha e adaptarse canto antes e o mellor posible a un novo curso escolar, á volta ao traballo, ao cambio de vestiario, a facer vida social outra vez na cidade e ás distintas actividades como ir ao ximnasio, a clases de inglés… o comercio local do Ensanche compostelán asociado a Santiago Centro ten todo o que precisas para iniciar unha nova tempada!!

Faite coa roupa e o calzado máis axeitado para o outono e o inverno, tanto para ti como para os peques, atopa o mellor material escolar e todo o que precisas para a túa volta á normalidade… Que tal se comezamos cunha axenda? E se te propós poñerte en forma e facer unha vida saudable,  Santiago Centro ten unha boa oferta de equipación deportiva, así como un ximnasio. E que tal se nos poñemos en serio co inglés? porque opcións no Ensanche tampouco nos faltan coas mellores academias de idiomas! Iso si, non nos olvidemos do tempo de lecer para quedar coas amizades nas cafeterías da zona nova compostelá, que seguro que hai moito que contar.
Consulta aquí todos os nosos establecementos asociados https://www.santiagocentro.gal/compras
-Unha campaña de Santiago Centro no marco do programa de comercio financiado por FEDER e pola Secretaría de Estado de Comercio-
[Fondo Europeo de Desarrollo Regional | Ministerio de Industria, Comercio y Turismo | Cámara Santiago de Compostela | Cámara de Comercio de España | Programa Comercio minorista]