O club contará con novos cursos de iniciación no golf para aqueles que sempre estiveron interesados en aprender a xogar e novos horarios nas súas dúas sedes, que comezan a estar vixentes a partir do luns 19 de abril

 

Con respecto aos novos horarios, a Sede Social de Xeneral Pardiñas estará aberta de luns a domingo, de 10h a 22:30h; mentres que a Cidade Deportiva de Ames abrirá de luns a venres de 9h a 22:30h, sábados e festivos de 8:30h a 22:30h e os domingos pechará ás 21:30h.

Para saber máis sobre os horarios do uso das súas instalacións e os servizos de cafetería e restauración pica aquí.

 

Ademáis, o club contará con novos cursos de iniciación no golf para os interesados en aprender a xogar. A duración destes cursos será de 10 semanas, unhas 2 horas semanais. O prezo para os socios é de 95 euros e para os non socios de 120 euros (contactar coa xerencia do club indicando a túa condición de asociado de Santiago Centro).

Se queres máis información sobre estes cursos de iniciación e o seu contido pica aquí.