O club impartirá novos cursos de iniciación para todos aqueles que queiran descubrir o golf, as súas claves e porque apaixona a todas as idades.
A duración dos cursos será de 5 semanas, dende o día 1 de xuño ata o 4 de xullo, cun total de 4 horas semanais. O prezo será de 120€ para os NON SOCIOS e de 95€ para os SOCIOS.
O contido do curso inclúe: técnica e práctica de xogo longo; técnica e práctica de xogo curto, approach, rodado; primer contacto no campo e aplicación do regulamento; conseguir unha imaxe xeral do movemento.
As inscricións están abertas no correo electrónico recepcion@aerosantiago.es ou chamando ao 981 888 276
Se queres máis información sobre estes cursos de iniciación e o seu contido pica aquí.