Estar ao día no que toca á moda infantil é moi doado: basta con seguir as entradas que periodicamente publica Teté Niños no seu blog. Especialistas en roupa e complementos para os máis peques e en prendas personalizadas, contan tamén cunha canle en Youtube na que actualizan a información das dúas coleccións.

A web de Teté Niños é tamén unha fonte de información moi valiosa se se está a preparar unha cerimonia como un bautizo, unha primeira comunión ou unha voda.