As instalacións do Real Aeroclub de Santiago en Ames acollen este venres e sábado o tradicional Torneo de Golf Opticalia Casa de los Lentes – Seiko Optical, a cita máis lonxeva do calendario do clube.

O torneo, no que colaboran dúas entidades socias de Santiago Centro, está aberto a xogadores con licencia federativa en vigor e un handicap de 36 golpes ou inferior.

Haberá dúas categorías de xogo: unha primeira categoría indistinta, ata hándicap de xogo 15; e unha segunda categoría indistinta, hándicap de xogo 16 en adiante. Máis información e inscricións na web do Real Aeroclub de Santiago