Tous, unha das cadeas de xoias máis populares do mundo e cuxa tenda en Compostela é membro de Santiago Centro, cumpre cen anos. E faino decorando o seu escaparate no Ensanche dun xeito especial, cun deseño no que ten protagonismo o icónico oso identifica a marca.

Os comezos de Tous remóntanse a 1920, cando Salvador Tous Blavi, avó da actual xeración de dirección, comezou como aprendiz de reloxería, dando os que serían os primeiros pasos da familia no mundo da xoiaría. Desde entón, a marca continuou crecendo e expandíndose a nivel mundial, converténdose nunha empresa líder no segmento do luxo accesible.

No ano do seu centenario, a firma xoieira levará a cabo, tanto en España como internacionalmente, unha serie de accións destacadas que terán como obxectivo celebrar, xunto cos seus colaboradores, clientes e amigos, os seus cen anos de vida.

Nestas accións enmárcase o escaparate que abriu hai uns días a súa tenda na rúa República do Salvador. Na vidreira debuxáronse imaxes relacionadas coa historia da marca e os seus deseños, celebrando unha traxectoria chea de éxitos.