Que mellor que celebrar o Día da Nai, dedicado a esa persoa tan especial, que unha boa aperta, un bico, ou un plan en boa compañía! Todo isto está na túa man, pero se tamén queres ter outro tipo de detalle con ela e agasallala con algo que lle guste, no comercio asociado a Santiago Centro podemos axudarte cunha morea de ideas que atoparás nos nosos establecementos.  Propoñemos agasallos aptos para todos os tipos de mamás e para todos os gustos.

Deporte, material de oficina e papelería, moda, calzado e complementos, tecnoloxía, xoiería, artigos de mercería… Que tal unha axenda para organizar o traballo ou a vida familiar? uns zapatos do seu estilo preferido, unhas zapatillas de deporte para os momentos máis cómodos ou deportivas para un look máis desenfadado? Tes unha nai afeccionada ao deporte? pois un balón de baloncesto para o partidiño cos fillos ou as amizades… E uns calcetíns? nunca están de máis porque sempre desaparecen dos caixóns! Outra opción son unhas gafas de sol agora que xa hai que protexerse nestes días de primavera que semellan de verán! Isto e moito máis no comercio local do Ensanche.

Consulta aquí a listaxe de establecementos onde seguro que atopas o máis axeitado para o teu regalo COMERCIOS

A campaña conta coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.