Máis que profesionais especializados en saúde animal, os veterinarios son verdadeiros amigos. Vixían a saúde dos animais e guíannos no seu coidado. Luís e Mª José, de CV Amigos, son verdadeiras institucións en Santiago. Pola súa consulta pasan regularmente as máis de 8.000 mascotas doutras tantas familias de Compostela e arredores que lles confían as súas mascotas. A súa implicación na saúde e benestar dos animais; a atención personalizada; a rápida resposta ás urxencias; e as súas instalacións, son sen dúbida algunas das razón que levan aos composteláns a confiar en CV Amigos.
Deixámosvos aquí a Luis Novo demandando un IVE reducido para a sanidade veterinaria, algo co que certamente estarán de acordo os que conviven con animais.