Din en O Rei do Bocadillo hai máis de cen maneiras de comer unha das súas especialidades, e a experiencia di que é certo. Este restaurante de comida rápida e para levar vén alimentando aos composteláns desde hai decenios; e non só aos locais: que estudiante non fixo parada e fonda aquí nalgunha ocasión?

O Rei do Bocadillo é un dos locais máis tradicionais do Ensanche santiagués. Ademais da súa enorme oferta de bocadillos e pratos combinados, hai outro produto que o fixo célebre: o seu polo asado, preparado para comer in situ ou para levar á casa. O restaurante ofrece ademais a posibilidade de reparto a domicilio.

Por moitos anos máis… bo proveito!