Se vas visitar Compostela en viaxe de negocios, o Ensanche conta cun dos establecementos hoteleiros máis emblemáticos de maior calidade da cidade. O Hotel Eurostars Araguaney, socio de Santiago Centro, dispón de todos os servizos que necesita unha visita profesional e, ademáis, está en pleno centro urbano.


13062274_1746100458970104_1118097585596772029_n

O Araguaney é un dos hoteis con máis tradición de Compostela, pero soubo adaptarse aos novos tempos. A súa carta de servizos para profesionais é moi completa, pois conta con salóns privados para reunións, centro de negocios, servizos de conferencias, proxectores, wifi, business corner, prensa diaria… E, para o final da xornada, un magnífico restaurante, sauna ou piscina, a apenas uns centos de metros do casco histórico.