No 2008 o Día das Letras Galegas estivo dedicado a Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976.

Nos quixemos ir un pasiño máis alá e decidimos que non estaría mal que os cativos fixeran un recitado da súa poesía. O Hotel Araguaney acolleu como en moitas ocasións a actividade.