A Fundación Santiago Centro, Área Comercial, celebrou un acto cultural de conmemoración das Letras Galegas, no que participaron 33 alumnos e alumnas de primaria e secundaria de oito centros educativos de Compostela. Con este concurso de recitado Santiago Centro pretende fomentar a lectura en galego, render homenaxe á figura de Ramón Piñeiro, involucrar aos escolares, e máis participar activamente na dinamización cultural e social do Ensanche de Compostela.