Nove organizacións empresariais, profesionais e sociais de distintos ámbitos lanzaron co final do Estado de Alarma unha campaña conxunta para concienciar á cidadanía sobre a importancia de se protexer para combater a covid-19, e asemade para fomentar un consumo responsable en clave local. A campaña Pensa en ti, pensa en nós foi unha chamada de atención nun momento no que as relacións sociais, o ocio e as compras comezaban a normalizarse, incidíndose na necesidade de protexerse para protexer ao resto dos veciños da cidade.

O apoio ao comercio e a empresa local é a principal mensaxe da campaña, á que se uniron 9 entidades e organizacións de comercio, empresa, industria e deporte: o Real Aeroclub de Santiago; o centro comercial aberto do Ensanche, Santiago Centro; a organización comarcal Proxecto EmRede; a asociación de comercio do casco histórico Compostela Monumental; o Club Financiero de Santiago; Club de Golf Val de Rois; Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia da Coruña; Asociación Profesional de Empresas Mediambientais e máis a Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos.

MATERIAIS

Vídeos

Vídeo 1

Vídeo 2

Vídeo 3

Gráficos