A Fundación Santiago Centro celebrou o día 12 de maio de 2011 un acto cultural de conmemoración das Letras Galegas no que participaron 46 escolares de Primaria e Secundaria de doce centros educativos da cidade. O evento consistiu nun concurso de lectura de poemas de Lois Pereiro, autor homenaxeado, na sala auditorio da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura. Divídiuse en tres categorías por idades, a primeira, ata os 10 anos; a segunda, entre os 10 e 14 anos; e a terceira, de 15 anos en diante. Cada unha delas estivo dotada con distintos premios.