Continúan aparecendo boletos premiados dentro da campaña de Nadal de Santiago Centro, Área Comercial. Como, por exemplo, o que abriu este cliente de Richard Zapaterías, que poderá gozar dun almorzo para dúas persoas nestas datas na Cafetería Lembranza.
A campaña, que durará ata o día 5 de xaneiro, repartirá 200 premios cun valor que, en conxunto, supera os 4.000€, achegados polos propios comercios do Ensanche, Galicia Calidade e a Fundación Santiago Centro.