No marco da campaña de Nadal, o CCA do Ensanche repartiu ós establecementos asociados 42.000 bolsas de papel reciclado impresas cos lemas “Reutilízame, por un comercio responsable” e “Ensanche de Santiago, Área de Compras”. A elección da época de Nadal para este reparto realizouse por considerarse que se trata do mellor momento para concienciar ós composteláns sobre a importancia de diminuír o consumo de plásticos (moi especialmente o das bolsas) e utilizar materiais que se poidan reciclar –como o papel- ou substituílos por outros reutilizables, como as tradicionais bolsas da compra, os carriños ou as clásicas de tea. Ademais, coma cada ano Santiago Centro, Área Comercial, convidou aos nenos e nenas de Compostela a entregar as súas cartas aos Reis Magos a través dun Paxe Real no Hotel Meliá-Araguaney.

T