Os sábados da primavera de 2018 foron días especiais para mercar no Ensanche de Compostela. Santiago Centro, Área Comercial, ofreceu actividades infantís no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, facilitando que os pais puidesen deixar aos pequenos atendidos por monitores mentres facín as compras nos establecementos da zona. A programación contemplou talleres de arte, incluídos dentro da programación anual da mostra Pasearte, e outros de construcións, pensados para nenos ata os 12 anos (os menores de 6 deberán acudir acompañados dun adulto).