Papá Noel atendeU as peticións dos nenos composteláns no iglú instalado na Praza Roxa, dende o 15 de decembro e ata o sábado 24 de decembro. Despois foi un paxe real quen tomou o relevo, recollendo polas tardes as cartas dos nenos para os Reis Magos.
Por outra banda, as compras dentro das Noites Abertas, nos días 23 e 30 de decembro e 4 de xaneiro, puideron optar a varios premios: unha viaxe a Eurodisney para catro persoas de xoves a domingo; dúas fines de semana en Torre do Deza Hotel & Spa; tres ceas para dúas persoas nos restaurantes Caney, Porta Faxeira e Mercadito; e catro cheques agasallo de 50 euros nas tendas participantes, que á súa vez ofreceron premios e descontos.