Os comercios do Ensanche de Santiago de Compostela celebraron a primavera con actividades de escapatismo, vendas especiais e homenaxes ao autor recordano no Día das Letras Galegas.

A Primavera do Ensanche abriuse coa primeira edición do certame de escaparatismo convocado por Santiago Centro, Área Comercial, en colaboración coa asociación de iniciativas empresariais Proxecto Em-Rede. Durante quince días, un bo número de establecementos deseñaron e executaron escaparates florais. O público participou votando telematicamente a través do álbum de fotos en Facebook, coa posibilidade de gañar un dos 36 agasallos en xogo.

A programación de primavera de Santiago Centro contou co apoio do Concello de Santiago e da Xunta de Galicia, e proseguiu coa celebración da Festa do Comercio, que cada ano saca á rúa postos con produtos aos mellores prezos e ofrece actividades, agasallos, descontos e zonas outlet. Os clientes recibiron, ademais, o regalo dun póster cunha orixinal vista do Ensanche realizada pola artista Lúa Gándara.

Na semana das Letras Galegas os vidros dos comercios luciron frases do antropólogo e escritor Antón Fraguas.