Rematada a campaña de Nadal, os establecementos do centro comercial aberto de Santiago Centro comezan a temporada de rebaixas con descontos de entre o 25 e o 50%. En ocasións, a mellora nos prezos chega ao 70% nunhas ofertas que xa están dispoñibles en moitos dos comercios asociados. As tendas asociadas á Fundación contarán con rotulación específica.
A temporada de rebaixas prolongarase durante os próximos dous meses con propostas e prezos moi interesantes para o consumidor.