A seguridade dos equipos informáticos e das aplicacións que usamos é unha das principais inquedanzas dos comerciantes. Conscientes disto, desde Santiago Centro convidámoste a asistir á nosa sesión de “Seguridade dixital no comercio local”, que se celebrará o próximo mes de outubro. Nela trataranse algúns dos principais aspectos deste problema, desde a seguridade nas tendas online, os virus informáticos, o almacenamento seguro de datos ou o establecemento de contrasinais seguros.

A iniciativa conta coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Santiago.


Para favorecer a túa asistencia, habilitamos tres horarios para que escollas o que máis che convén:

Martes 18: 9h
Mércores 19: 15h.
Xoves 20: 20h.

Podes anotarte e escoller a túa opción a través deste formulario:
https://forms.gle/ewyn9Bh2y9GLCcdz5