Santiago Centro, Área Comercial, convoca aos seus asociados a unha reunión o xoves ás 20.30 horas, no Real Aeroclub, na que se presentará a proposta de programación da Fundación para 2017.
Na mesma reunión Santiago Centro presentará a nova páxina web da que dispón, e dará a coñecer as posibilidades que ofrece como canle de comunicación tanto das actividades da Fundación como das dos comercios asociados. O sitio conta con apartados específicos para cada un dos socios do centro comercial aberto do Ensanche e potencia a conectividade coas diferentes redes sociais.