Co inicio da campaña de verán de 2009, os composteláns que realicasen as súas compras nos establecementos de Santiago Centro puideron acceder a premios inmediatos e a agasallos especiais por sorteo. A campaña, baixo o lema Santiago Centro premia as túas compras, permaneceu operativa no Centro Comercial Aberto do Ensanche ao longo de todo o mes de xullo.

Os agasallos directos obtivéronse coa Carta Santiago Centro, unha tarxeta distribuída nas tendas e establecementos hostaleiros do Ensanche até completar os 50.000 exemplares editados, enchendo os oito ocos da Carta con selos diferentes por compras realizadas nos establecementos asociados, tanto comerciais coma hostaleiros.

cartelfin-170-ud