Laura Rey Padín resultou gañadora do premio único de 1.500€ en vales de compra do concurso de selfies Este verán duplica o teu soldo con Santiago Centro, que o Centro Comercial Aberto do Ensanche compostelán puxo en marcha na primeira quincena de xuño. A afortunada subiu a Instagram unha imaxe súa diante da bicicleta identificativa da campaña, que circulou durante dúas semanas polas rúas do Ensanche, e foi escollida nun sorteo realizado a través da aplicación Easypromos.