Consulta o teu perfil na App Santiago Centro Vip e comproba se foches unha das persoas afortunadas no sorteo da nosa campaña de primavera por utilizar a aplicación. Como recordarás, sorteamos 20 bonos de 50€ en saldo na App entre as persoas que se identificaron a través de Santiago Centro Vip no momento de realizar a súa compra no comercio adherido entre o 29 de marzo e o 29 de abril. Se eres unha desas persoas agraciadas verás que o saldo xa está dispoñible no teu perfil e agora só queda gastalo! Tes ata o 31 de maio para canxealo en calquera dos establecementos que forman parte da app e que podes consultar na propia aplicación.

Premiamos a túa fidelidade esta primavera e non deixes de seguirnos porque aínda veñen moitas máis vantaxes!!

Unha campaña que conta co apoio da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.