A Fundación Santiago Centro celebrou o San Xoán 2008 e chegada do verán cunha actividade lúdica moi propia de Galicia, a de “picar unha ración de polbo”. O Centro Comercial Aberto do Ensanche instalou o posto dunha “pulpeira” na Praza Roxa para que todas as persoas que puidesen coller a súa ración de polbo e achegarse a tomala aos establecementos hostaleiros asociados a Santiago Centro ou levala para a casa.

Tamén co obxectivo de dinamizar socialmente esta zona, houbo pasarrúas con música tradicional galega. A Fundación tamén quixo animar a todos os seus asociados a participar desta actividade de inicio do verán, entregándolles vales por 1 ración de polbo.