O 71% da poboación merca online, 17 puntos por enriba da época pre-Covid. Mentres antes da pandemia tan só un 54% dos consumidores compraba online varias veces ao mes, trala crise sanitaria esta porcentaxe incrementouse en 17 puntos, chegando ao 71% da poboación estudada. Ademais, as persoas que nunca mercaban online ou que só o facían unha vez ao ano pasaron do 14% ao 3,2%. Tamén se incrementaron os consumidores que compran online un mínimo de 2 veces por semana: do 8% antes da pandemia ao 11,5% actual.

Lo hemos visto en: https://directivosygerentes.es/ecommerce/3-cada-4-consumidores-compra-varias-veces-mes-onlinemantiene-consumo-tienda-fisica