A campaña de Nadal da Fundación Santiago Centro para este ano 2016 repartirá máis de 4.000 euros a través de 200 premios directos aos clientes dos establecementos asociados. A campaña permanecerá vixente ata o día 5 de xaneiro.
O esforzó céntrase en favorecer aos clientes cunha campaña de fidelización que premia as súas compras nos establecementos asociados a Santiago Centro; e apoiar ás empresas no desenvolvemento da súa actividade nunha época clave do ano como é o Nadal. A base da campaña é a distribución de máis de 4.000 € euros en regalos, que os clientes obterán directamente, sen sorteos; ademáis de descontos entre o 15 e o 30% nas compras en determinados establecementos.
Entre os premios áchanse 2 fins de semana para 2 persoas en hoteis-balnearios de A Toxa y Viveiro (en Hotel Louxo La Toja e Hotel Ego); gafas de sol das máis coñecodas marcas por valor de máis de 60€; tratamentos de beleza; perfumes valorados en case 300€; mochilas; bufandas; complementos de equipación persoal; entradas para o Obradoiro CAB; aspiradores; almorzos para 2 persoas en establecementos asociados; camisetas; auriculares; lotes de viñ0, xamóns…. ata completar unha relación de máis de 200 premios que se poñen en circulación a vindeira semana.
O mecanismo da campaña é sinxelo e garante que os clientes premiados poidan obter os seus regalos de xeito inmediato e sen sorteos. Coa compra, as tendas entregarán boletos con opción de gañar algún dos premios. Para coñecer se están premiados só fai falla abrilos. E os premios se recollen directamente nos establecementos asociados.
Agás un par de excepcións, que xa están especificadas nos boletos, os premios deben ser recollidos como límite o día 5 de xaneiro, data límite establecida precisamente para dinamizar a Campaña de vendas de Nadal.
Na campaña inclúense ademáis acción dirixidas ao público infantil e xuvenil, como é colaboración con actividades na carpa que instala o Concello na Praza Roxa; ou unha actividade que se organiza o día 3 de xaneiro no Aeroclub.
Durante todo o Nadal, os comercios distribuirán Cartas aos Reis Magos, que os nenos poderán enviar deixándoas no Buzón Real que estará instalado no Aeroclub desde o día 20 de decembro. As cartas serán recollidas no Aeroclub por un Paxe Real o día 3 de xaneiro, nunha xornada festiva con actividades dirixidas aos máis pequenos e un convite a chocolate quente.