A adopción de tecnoloxías dixitais que reducen as molestias do modelo de venda polo miúdo tradicional pode producir varios beneficios. O primeiro é unha experiencia mellorada do cliente. Os clientes actuais esperan a mesma velocidade e comodidade en persoa que online. En segundo lugar, a dixitalización dálles aos comerciantes a oportunidade de recompilar e analizar datos máis e máis detallados sobre as preferencias e o comportamento dos clientes. Por último, pódese facer un mellor uso do capital humano: automatizando o traballo rutineiro, como almacenar os andeis, as empresas liberan aos seus empregados de
facer o traballo máis pesado para se dedicaren a axudar aos clientes. Este toque humano pode proporcionar unha vantaxe competitiva sobre o comercio electrónico.
Vímolo en: http://feedproxy.google.com/~r/mitsmr/~3/Q93fv-1_MqE/