A pandemia fixo que cada vez máis consumidores prefiran facer agora a compra no comercio local. Este absorbe un 36% do seu gasto mensual dos españois, o que supón un incremento de 14 puntos porcentuais respecto aos mesmos meses do ano pasado, cun importe medio de 170 euros (dos 224 euros en Barcelona aos 111 euros de Málaga), segundo os resultados dun estudo de American Express. Non só se gasta máis en comercio local, senón que o 93,5% dos enquisados considera moi importante que os veciños apoien ao comercio de proximidade e a metade dos consumidores estarían dispostos a pagar un pequeno sobrecusto comprando nestes establecementos se iso supón apoialos.

Vímolo en https://elpais.com/economia/2022-05-30/el-consumo-tras-la-pandemia-el-36-del-gasto-mensual-de-losespanoles-se-destina-al-comercio-local.html