En plena segunda onda da pandemia, moitas empresas están a empezar a desenvolver as súas plataformas en liña para poder seguir vendendo a pesar das restricións á mobilidade. E é que ata o de agora son poucas as que tiñan este servizo. Segundo os datos do INE publicados, só unha de cada dez (9,5%) das empresas de menos de dez empregados realizaron vendas por internet en 2019, unha porcentaxe que sobe ao 25,5% no caso das compañías con dez ou máis traballadores. E iso que é unha tendencia cada vez máis solicitada polos consumidores.

Vímolo en: https://www.elcomercio.es/economia/empresas/ine-ventas-online-empresas-20201020132558-ntrc.html