Chega o 19 de marzo, festividade de San Xosé e Día do Pai, para moitas persoas unha data significativa para celebrar e para a que buscan ter algún detalle para os seus seres queridos. Ben sexa un gran agasallo ou un detalliño especial, o comercio local do Ensanche de Compostela sempre está preparado para acompañarte coas mellores ideas. Entre a variedade de propostas que podes atopar entre os establecementos asociados a Santiago Centro, encontrarás moitos artigos para pais modernos, máis clásicos, pais deportistas ou mesmo pais recentes. Moda e calzado con estilo máis xuvenil ou máis formal, quizais unha axenda para ese pai que precisa organizarse, material de deporte para practicar a súa actividade favorita ou algunha prenda graciosa con mensaxes de bebé… son só algúns dos exemplos que che ofrecen os distintos comercios da zona nova de Santiago.
Ademais, polas túas compras podes pedir o teu tícket para que o parking che saia gratis, ou ir acumulando descontos por rexistrar esas compras na app Santiago Centro Vip.
Podes consultar aquí a listaxe de comercios
O comercio local de Santiago Centro únese unha vez máis apostando pola proximidade nesta campaña especial de compras que supón o Día do Pai, coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.