Santiago Centro recibe o mes de setembro cunha campaña especial que convida a toda a veciñanza a apoiar o comercio local. Baixo o lema Enraízate non comercio local, os clientes poderán gozar de prezos especiais o sábado 7, día no que os establecementos sacarán os seus produtos ás rúas.
Os negocios participantes decorarán os seus establecementos con bandeiras de cores e entregarán un agasallo moi especial aos clientes que fagan unha compra. Trátase dun maceteiro biodegradable con sementes de sempreviva. Simboliza o crecemento e o fortalecemento da comunidade a través do seu apoio ao comercio de proximidade.
Este evento busca destacar as vantaxes de mercar preto da casa: confianza, servizo personalizado, seguridade e a comodidade de contar con tendas de calidade a poucos pasos. Apoia ao comercio local e fai crecer a nosa comunidade!
A campaña de Santiago Centro, conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Santiago.