James Harden recibe moi concentrado a quen entra na web de Tiro Libre, a tenda especialista en baloncesto da rúa Ramón Cabanillas compostelana. É o pórtico de entrada a un sitio en internet que ofrece o mellor do deporte da canastra a prezos axustados e ofertas coma a que se pode aproveitar hoxe, venres 8 de maio: un 40% de desconto en todos os produtos introducindo o código 5INICIAL ao finalizar a compra.

Na tenda online de Tiro Libre pódense atopar todo tipo de produtos relacionados co baloncesto: zapatillas das mellores marcas e de todos os modelos imaxinables, si, pero tamén prendas históricas de equipos da NBA, camisetas de homenaxe a xogadores míticos, gorras e calcetís, pizarras e material para adestradores e, por su posto, balóns, porque este deporte vai disto: de encestar rápido e moito.

Tiro Libre inclúe no site un blog no que varias firmas falan non só de produtos, senón de competición e nomes do mundo do básquet. Tamén ofrece información das moitas actividades formativas que a tenda apoia, e que seguro volven comezar moi pronto, pasada a crise do coronavirus.