A Asociación Galega de Xerentes de Centros Comerciais Abertos (AGAXECCA) pon en marcha a campaña #MorriñaDeTi: A morriña non ten brazos, pero aperta o corazón. Ata o día 12 deste mes, quen o desexe pode participar nun concurso a través de Facebook que repartirá 1.350 euros en vales de compra en 27 centros comerciais abertos de toda Galicia, entre eles Santiago Centro.
O funcionamento do concurso é moi sinxelo. Basta con entrar na conta de Facebook da Asociación, compartir o post do concurso e comentar nel canto se bota de menos o comercio local da súa vila ou cidade. Poden incluírse texto, imaxes, debuxos ou mesmo vídeos, e é necesario indicar a poboación desde a que se escribe. O sorteo realizarase o día 13 e entregaranse 27 vales de compra de 50€, un por cada centro comercial aberto asociado a AGAXECCA. Estes vales poderán canxearse nos establecementos asociados, que a organización facilitará ao gañador.
A iniciativa pretende recordar á cidadanía que, pese aos peches e ás dificultades polas que atravesa, o comercio local segue estando preto e quere premiar a súa fidelidade.
Bases do sorteo PREMENDO AQUÍ