Os portóns dos garaxes do Ensanche compostelán mostran entre os veráns de 2020 e de 2021 a arte fotográfica máis actual coa celebración do festival Compostela Photo. A obra de quince fotógrafos consagrados e emerxentes, centrada en imaxes do Camiño de Santiago, reproduciuse durante todo un ano en gran formato nas rúas da zona nova. Os paseantes, veciños e turistas, poden contemplar fotografías de Vari Caramés, Manuel Valcárcel, Fuco Reyes, Ana Gil Rodríguez, Eva Díaz, David Catá, Sheila Pazos, Aida Pascual, Irene Cruz, Adolfo Enríquez, Carla Andrade, Tono Arias, Juan Adrio, Verónica Vicente e Marta Moreiras. O certame leva aparellado un concurso fotográfico, visitas guiadas e percorridos para fotografar o Camiño e a cidade de Santiago.
Toda a información na WEB DE COMPOSTELA PHOTO.