O estudo Impacto do sector comercio na economía española, realizado pola Cámara de Comercio de España, estima que a contribución directa e indirecta da actividade comercial á produción da economía é do 24,8%.

O efecto multiplicador do comercio supón que, por cada 100 euros producidos polos servizos de comercio, xéranse 110 euros máis no resto de ramas da economía.

O traballo tamén afirma que por cada 100 postos de traballo xerados polo comercio de forma directa, xurden outros 68 empregos adicionais noutros sectores.

Este efecto arrastre consiste na achega da actividade comercial á produción doutras actividades económicas, en forma de inputs ou insumos intermedios, así como o uso que realiza a actividade comercial dos produtos ou servizos xerados por outras actividades económicas.

Visto en: https://pateco.org/observatorio/17098-2/

Imagen de rawpixel.com en Freepik