Para os traballadores no sector comercio, a tecnoloxía vai traer grandes cambios. Un estudo de Mckinsey identifica que, en 2030, afectará a un terzo de todas as tarefas no sector no Reino Unido. Os roles vanse redefinir para abarcar traballos máis amplos, máis complexos e variados que os traballos máis estreitos, limitados e illados da actualidade, e van implicar a interacción con novas tecnoloxías. As empresas van necesitar desenvolver ou contratar as habilidades requiridas nestes novos roles, e darán moita importancia á adaptabilidade.

Vímolo en: https://www.mckinsey.com/industries/retail/our-insights/rebooting-retail-how-technology-will-shape-the-future-of-retail