Varias marcas de renome abandonaron nos últimos meses a rede social Facebook. As causas: a crecente presión para se promocionar para aparecer no muro dos seguidores, os custes de xestión e, ao final, a escasa repercusión en vendas.

Pero é isto extensible aos pequenos negocios? Este artigo de Hosteltur afirma que non: é conveniente seguir escoitando o que se di sobre as marcas e, usadas de xeito correcto, as redes sociais seguen sendo unha boa plataforma para vender.

Artigo orixinal: https://www.hosteltur.com/130817_marketing-en-redes-sociales-quien-se-atreve-a-matarlo.html