A pesar de que as tendencias falan dun incremento imparable do comercio electrónico, a verdade é que a elección destas canles de compra depende moito do que se vaia a comprar e tamén da idade do comprador. Os supermercados de proximidade son os preferidos para os alimentos frescos, os non perecedoiros e os artigos de limpeza do fogar. Para os alimentos frescos, ademais, a segunda opción é a tenda especializada, como as carnicerías, as peixarías ou as fruterías. Para a roupa, elíxense centros comerciais e grandes superficies de periferia; as grandes superficies urbanas especializadas eríxense protagonistas cando se vai a comprar equipamento para o fogar. Internet parece quedar case relegada ás compras de electrónica e tecnoloxía, así como en lecer, cultura e entretemento.

Vímolo en https://www.deia.eus/bizkaia/2024/02/22/tienda-fisica-cercana-sigue-preferida-7905819.html

Imaxe de Gabe Raggio en Pixabay