Como cada ano, coa chegada de marzo, o comercio local prepárase para que a súa clientela poida atopar o agasallo que busca para o Día do Pai. E para as persoas máis indecisas, só hai que darse unha volta polos establecementos do Ensanche compostelán para coller ideas e facerse con algún detalle para esta celebración tan especial. E é que na zona nova o comercio asociado a Santiago Centro ofrece moitas posibilidades para todo tipo de persoas e gustos. A súa oferta vai dende moda, con tendas de calzado, roupa e complementos, ata deportes, con comercios onde atopamos todos tipo de vestimenta e material deportivo, mesmo especializadas en prácticas en concreto. Ademais, artigos de papelería, electrodomésticos, ou un bo xamón, son outras das ideas que propoñen os nosos comerciantes nesta campaña, na que colabora a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago. E todo acompañada dunha experiencia chea de facilidades, con atención cercana e persoal, parking gratuito e produtos de gran calidade.

Celebra o Día do Pai co comercio local do Ensanche!! Velaquí tes a nosa listaxe de comercio para que botes un ollo www.santiagocentro.gal/compras